Espectacular actuación das e dos triatletas galegos que domiñaron a XXV edición do Tríatlon Fuente Álamo, que reuniu a más de 900 participantes. Triunfos de Javi Gómez Noya e María Ortega, e podios moi galegos grazas a Melina (2ª), Uxío Abuín (2º) e Iván Raña (3º).
Na carreira feminina, destacar o triunfo de María Ortega, que se decidiu na carreira a pe, cando a triatleta con ficha galega atacou e logrou uns segundos de vantaxe preciosos que lle permitiron chegar a meta con certa tranquilidade. Segunda foi Melina Alonso que atacou nos últimos metros, e terceira posición para a extremeña Miriam Casillas.
Na masculina, Javi Gómez Noya impuso a súa superioridade xa dende a auga. Foi o mellor neste segmento e xa fixo en solitario o resto da proba. Por detrás Uxío Abuín e Vicente Hernández traballaban na bicicleta para intentar que as distancias non foxen importantes e lograron ter ao ferrolán a menos dun minuto de distancia. Pero a caída de Vicente Hernández o deixou fóra do podio, feito que foi aproveitado por Iván Raña que encabezaba o grupo. Así, primeiro foi Gómez Noya (1:03:08), segundo Uxío Abuín (a 46 segundos) e terceiro Iván Raña (a 1:12).