AÍDA VALIÑO E GUSTAVO RODRÍGUEZ, VENCEDORES DO I DUATLÓN DE TOMIÑO

4 de Maio de 2014

Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) e Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse campións do I Duatlón de Tomiño, que se celebrou o sábado na localidade pontevedresa  coa participación de case trescentos deportistas.

Na carreira feminina, a lucense Aída Valiño foi moi superior ao resto das competidoras en todos os segmentos, e logrou chegar a meta cunha distancia moi cómoda sobre a segunda, Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo). Tamén esta tivo unha proba moi cómoda, xa que a terceira María Martínez (Atletismo Porriño) estaba a moita distancia.

Na proba masculina, Gustavo Rodríguez foi o claro domiñador ao chegar a meta con máis de catro minutos sobre o segundo clasificado. A emoción estivo precisamente na loita por este segundo posto, xa que Nicolás Domínguez (licenza dun día) e Brais Misa (Atletismo Porriño) decidiron a orde no podio no sprint final. A segunda posición foi para Nicolás, mentres que Brais Misa logrou o bronce.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.