O venres, 12 de maio, tivo lugar a Copa de Europa Junior de Caorle (Italia) na que participou a galega Marta Novo, do Cidade de Lugo Fluvial, rematando no posto 47º. Unha actuación discreta pero importante para gañar experiencia de cara ás futuras competicións.
Ver resultados completos.
Un día máis tarde, foi a quenda da Copa de Europa Élite de Caorle na que Andrés Prieto (A.D. Fogar) logrou unha gran 21ª posición. Non tivo a mesma sorte Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) quen tivo que retirarse tras ser dobrado no sector ciclista.
O vencedor da proba foi Connor Bentley (GBR), seguido de Ben Dijkstra (GBR) e Valentin Morlec (FRA).
Ver resultados completos.
O 14 de maio celebrouse en Marruecos a Copa de África de M’Diq. Na categoría masculina houbo representación galega coa participación de Alexandre Álvarez (Cidade de Lugo Fluvial) quen lograu o 25º posto.
O podio da proba estivo composto por Tim Hellwing (GER), Panagiotis Bitados (GRE) e Mattehew Wright (BAR).
Ver resultados completos.
Na categoría feminina, as triatletas do Cidade de Lugo Fluvial, Natalia Castro e Elsa Pena, conseguiron a 5ª e 10ª posición respectivamente.
O triunfo na proba foi para Barbara De Koning (NED), seguida de Sara Vilic (AUT) e Marta Kropkó (HUN).
Ver resultados completos