O 13 de maio, Platja d’Aro (Girona) acolleu o Campionato de España de Triation de Longa Distancia. Unha proba cun percorrido de 3,8 km de natación pola Platja Gran, seguida de 180 km de bicicleta pasando polo ascenso de Coll de la Ganga e rematando con 42,195 km de carreira polo pobo de Platja d’Aro.
O galego, Jonathan Sánchez, do Cidade de Lugo Fluvial logrou un gran 7º posto cun tempo de 9:11:37.
Manuel Piñeiro do Tríatlon Rías Baixas tamén demostrou atoparse nun bo estado de forma, rematando 20º cun tempo de 10:27:54.
Pola súa banda, Ricardo Cores do A.D. Náutico de Narón conseguiu o 24º posto parando o crono en 11:05:40.
Parabéns!