O Tríatlon Ferrol masculino e o Náutico de Narón feminino vencen no Campionato Galego de Tríatlon CRE por equipos

9 de Maio de 2023

  • Na categoría masculina, podio para o Tríatlon Ferrol, A.D. Náutico de Narón e Tríatlon Inforhouse Santiago
  • Na categoría feminina o Náutico Narón levóuse o título por diante do Tríatlon Ferrol e o Tríatlon Inforhouse Santiago
  • A proba Open tivo que ser suspendida debido a un accidente no sector ciclista

O pasado domingo, 7 de maio, celebrouse o XII Tríatlon Concello de Vilagarcía, proba que acollía o Campionato Galego de Tríatlon Contra o Reloxo por Equipos.

Con saída no Porto de Vilaxoán, os equipos formados por un mínino de 4 e un máximo de 6 triatletas, tiñan por diante un circuíto no que debían colaborar entre eles para chegar xuntos á meta no menor tempo posible.

Na proba absoluta masculina o equipo do Tríatlon Ferrol foi o máis rápido, parando o crono en 55:11. O equipo formado por Iván Puentes, Alejandro Rodríguez, Diego Carballeira e Hugo Prida, conseguiu a vitoria por diante do Náutico de Narón con Pablo Freire, Iago Lorenzo, Denis Incutti e Carlos Bautista (56:08) e do Tríatlon Inforhouse Santiago con Gonzalo Cao, Juan Pablo Díaz, Cristian Muíño e Brais Picón (57:52).

Na proba absoluta feminina, triunfo cunha ampla vantaxe para o Náutico de Narón con Sara Guerrero, Candela Sánchez, Lucía Piñón e Penélope Martínez, chegando á meta nun tempo de 1:05:04. O segundo posto foi para o Tríatlon Ferrol con Sabela Caneiro, Ainara Pita, Rebeca Teijeiro e Inés Santiago (1:08:34) e o terceiro para o Tríatlon Inforhouse Santiago con Alba Muñíz, Marta Budiño, Martina López e Adriana Pensado (1:08:59).

Na proba escolar masculina:
1º A.D. Fogar con Michel Núñez, Óscar Alberte, Joel Barcia e Manuel López (26:15).
2º Cidade de Lugo Fluvial con Juan Pablo Fernández, Iago Costa, Samuel Fernández e Aarón Crende (26:40)
3º Club Natación Riveira con Mateo Crujeiras, Jeyden Jael Silva, Jorge Salgado e David Antonio Bacaoanu (26:55)

Na proba escolar feminina:
1º Cidade de Lugo Fluvial con Adriana Rebolo, Cristina Gómez, Daniela Bruzos e Carmen Rábade (27:55)
2º  A. Polideportiva San Ramón de Vilalba con Mariña Esmoris, Nerea Guerra, Eugenia Verez e Sara Basanta (29:36)
3º Club deportivo Delikia con Ana Ledo, Maria Muñíz, Marta Pereira-Borrajo e Iria López (30:16)

A proba Open tivo que ser suspendida debido a un grave accidente no sector ciclista no que chocaron varios equipos e tres triatletas tiveron que ser trasladados ao hospital para ser atendidos.
Dende a Federación mandámoslles moitos ánimos e unha pronta recuperación.

Quizáis che interese…