Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (8 de agosto de 2023)

9 de Agosto de 2023

A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida por medios telemáticos sala de zoom, o martes 8 de agosto de 2023 ás 20:30 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:

1.- Modificacións Calendario Oficial

Engádense ao calendario as seguintes probas presentadas.

  • Acuatlón de Menores e Súper Sprint – Cedeira
  • 10 setembro- Triatlón de Menores de A Coruña
  • 16 setembro- Triatlón de Menores de Vigo
  •    8 Outubro- Dúatlon por Equipos de Lousame. Popular Absoluta e Cpto Galego Escolar

2.- Convocatoria organización de probas

Infórmase da próxima convocatoria de presentación de organización de probas para o calendario 2024 en relación aos prazos de TRAZA. Acórdase enviar o calendario FETRI a todos os clubs e facer unha publicación detallada na web indicando que esas datas serán de baixa afluencia de deportistas polo que na medida do posible se deberán evitar.

3.- Información Económica-

  • Infórmase da concesión da subvención para desenvolver o plan  Corresponsables por 74.700,00 €. A información xa foi enviada aos clubs que presentaron proxectos e que é imprescindible poñela en marcha a través da plataforma habilitada pola SXD para poder xustificar os importes condedidos a través dos convenios cos clubs a quen se irá aboando de xeito mensual previa xustifcación.

4.- Rogos e Preguntas

Amando Guerrero en representación do AD Náutico Narón pregunta en relación á aprobación de regulamentos das probas de menores indicando que non está de acordo con que nas probas non poidan participar deportistas doutras comunidades. Indícaselle que ese punto ven do regulamento aprobado pola Asemblea Xeral e que debe facerse a proposta de cambio para a aprobación de regulamentos de 2024 en Asemblea Xeral.

Levántase a sesión ás 21:20 h.

 

Quizáis che interese…