Sara Guerrero 4ª e Esteban Basanta 10º no Campionato de Europa de Tríatlon Súper Sprint

8 de Agosto de 2023

O 4 de agosto celebrouse en Balikasir (Turquía) o Campionato de Europa de Tríatlon Súper Sprint, composto por unha semifinal e unha final.

Na final feminina, Sara Guerrero saíu da auga no primeiro grupo e mantivo a distancia co grupo perseguidor no sector ciclista. Tras baixarse da bicicleta mal posicionada, Guerrero tivo que ir remontando posicións ata chegar 4ª á meta, a tan só 1 segundo da medalla de bronce.
Guerrero foi a española mellor posicionada, rematando cun tempo de 23:11. O primeiro posto foi para Mathilde Gautier (FRA) 23:05, seguida de Selina Klamt (GER) 23:06 e Jessica Fullagar (GBR) 23:10.

Na final masculina, do mesmo xeito que na semifinal, Esteban Basanta estivo disputando a proba xa nos primeiros metros da natación, manténdose na cabeza ata a segunda transición, onde perdeu uns valiosos segundos que lle afastaron dos postos do podio. Finalmente, rematou nun gran 10º posto cun tempo de 21:00, sendo o mellor español.
O podio estivo formado por Ricardo Batista (POR) 20:34, Lasse Priester (GER) e Richard Murray (NED) 20:45.

 

Resultados completos.

 

Quizáis che interese…