MAÑÁ CELEBRARASE O II TRÍATLON CONCELLO DO PORRIÑO CON CASE 330 PARTICIPANTES

6 de Xuño de 2014

Mañá sábado día 7 de xuño celebrarase o II Tríatlon Concello do Porriño, que unirá as localidades do Porriño e Tui, con 328 deportistas inscritos. É unha proba popular que move a gran número de participantes e ademais cun alto nivel competitivo.

Unha das novidades desta proba é o feito de que une a dúas localidades. A segunda edición do Tríatlon Concello de Porriño comezará na localidade de Tui, coa celebración do segmento de natación (750 metros) no río Miño; o sector de bicicleta (20 quilómetros) realizarase entre as ambas localidades, e o segmento de carreira a pe (5 quilómetros) descorrerá polo casco urbano do Porriño. A proba dará comezo ás 16.30 horas.

Na categoría masculina, non participará o gañador do pasado ano, Gustavo Rodríguez, que tivo moitas competicións nas última semanas (entre elas o Campionato do Mundo de Duatlón a pasada semana en Pontevedra) e necesita descansar. Pero haberá unha importante participación entre os que podemos destacar a Fabián Ubeira (Motobike Pontevedra), Alejandro González (Cidade de Lugo Fluvial), Brais Misa (Atletismo Porriño) e Diego Paz (Arcade Inforhouse).

Na categoría feminina, destaca por riba de todas Aída Valiño, que esta pasada fin de semana proclamouse campioa de España Universitaria, pero enfronte estará María Martínez, nacida no Porriño e gañadora da primeira edición desta proba. Outros nomes de interese son Iris Soto (Galaico Cidade de Pontevedra), Xiana Rendo (Dexter Compostela) ou Lorena García (Mar de Vigo).

Ano 2013. Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo) e María Martínez  (Club Atletismo Porriño) proclamáronse vencedores da primeira edición do Tríatlon Concello de Porriño, que uniu as localidades do Porriño e Tui, o pasado día 25 de maio de 2013.

Quizáis che interese…