O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará esta fin de semana en Moscú na Kremlin Cup, proba que reunirá aos mellores pentatletas do mundo tanto na categoría masculina coma feminina.
A Kremlin Cup é un torneo internacional de gran prestixio, ao que só se acede por convite persoal da Federación Rusa de Péntatlon Moderno, e que reune aos 48 mellores especialistas do mundo tanto homes coma mulleres na devandita modalidade deportiva, estando dotado cun incentivo económico de 100.000 dólares. A competición celébrase segundo as normas da Federación Internacional de Péntatlon Moderno e terá lugar no “CSKA” Sport Complex de Moscu.
Será a segunda vez que o galego está convidado para participar neste evento. No ano 2012 tamén recibiu unha invitación e rematou a proba na 18ª posición.