ESTE SÁBADO 14 DE XUÑO CELEBRARASE O XXV TRÍATLON CONCELLO DE OLEIROS

13 de Xuño de 2014

Mañá sábado 14 de xuño (16:00 horas) celebrarase o XXV Tríatlon Concello de Oleiros, que reunirá a 140 participantes de toda Galicia, nunha das probas máis populares do calendario da Federación Galega de Tríatlon.

E proba diso é que o prazo de inscrición na proba só estivo aberto unha hora, xa que nese escaso tempo cubriuse o número máximo de participantes (140) entre todas as categorías (cadete, xuvenil, sub 23, absoluto e veterán). As características do percorrido impiden poder ampliar o número de participantes, polo que a inscrición se pecha sempre en menos de dúas horas. A saída, transición e meta estarán situados no Parque A Lagoa de Mera (detrás da praia de Mera) e a proba celebrarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 17,8 quilómetros de bicicleta e 5,8 de carreira a pe).

Ademais de ser unha das probas populares con máis demanda de Galicia e a terceira máis antiga do noso país, e ano tras ano pode verse como os participantes esperan a chegada deste evento, metade festivo e metade deportivo. Este ano ademais celebra as súas vodas de prata.

 

Quizáis che interese…