O DOMINGO 3 DE AGOSTO CELEBRARASE EN TUI A SEGUNDA PROBA DO CIRCUÍTO IBÉRICO DE TRÍATLON

30 de Xullo de 2014

O domingo 3 de agosto celebrarase en Tui a segunda proba do Circuíto Ibérico de Tríatlon, que se está a disputar este ano entre España e Portugal.

En Tui celebraranse dúas probas: Unha de longa distancia (1.9 quilómetros de natación, 9o quilómetros de bicicleta e 21 de carreira a pe) e outra de distancia olímpica (1.500-40-10).

Esta iniciativa xurde pola iniciativa da Federación Galega de Tríatlon, que negocia cun empresario portugués e posteriormente involucrouse a Federación Española coa de Castela e León. Desta forma, o circuíto consta de catro probas: A primeira tivo lugar no mes de abril en Ovar (portugal); o día 3 de agosto celebrarase a segunda en Tui; o día 31 de agosto a competición desenvolverase en Viana do Castelo e o circuíto finalizará coa proba de Sanabria (21 de setembro).

Información no seguinte enlace:

 http://www.campeonatoibericotriatlon.com/

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.