Os deportistas galegos Aroa Freije e Martín Freije participarán no Campionato de Europa Cadete de Péntatlon Moderno, que se celebra entre os días 31 de xullo e 3 de agosto en San Boi de Llobregat (Barcelona) coa participación de deportistas de 16 países.
Mañá terá lugar a proba de natación e o venres pola tarde celebrarase a combinada (carreira e tiro), tanto na categoría masculina coma feminina. Ademais o domingo celebrarase a proba de relevos mixtos, na que aínda non se sabe qué deportistas participarán.
Aroa Freije fixo historia no 2013 ao converterse no/a primeiro/a deportista galego/a que acadou unha medalla europea no péntatlon moderno. A galega logrou a medalla de bronce no Europeo cadete que se disputou en Minsk (Bielorrusia) e agora, doce meses despois, espera repetir ou mellorar.
Pola súa parte, Martín Freije participará no Europeo Cadete a pesar de que aínda é infantil. Martín proclamouse esta tempada campión de España infantil, así que acudirá a este Europeo sen presión algunha e coa intención de ir collendo experiencia.