Boa actuación de Galicia no Campionato de España por Autonomías en Idade Escolar e Absoluto

7 de Xullo de 2025

Esta fin de semana, 5 e 6 de xullo de 2025, celebrouse en Mérida (Estremadura) o Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar CSD-CESA e o Campionato de España de Tríatlon por Autonomías, cunha destacada participación da selección galega en ambas as dúas competicións.

Podio xeral: Galicia entre as mellores

Na clasificación global do Campionato de España en Idade Escolar, a Comunidade Valenciana, Madrid e Galicia ocuparon os tres primeiros postos. No campionato absoluto por Autonomías, o podio cambiou lixeiramente, con Madrid no máis alto, seguida de Galicia en segunda posición e da Comunidade Valenciana en terceira.

Sábado: competicións individuais

A xornada do sábado comezou ás 8:30 horas coas semifinais das categorías xuvenil e cadete do Campionato Escolar. A maioría das e dos triatletas galegos conseguiron clasificarse para as finais, que se disputaron con apenas unha hora de descanso entre probas.

Resultados individuais – Campionato de España en Idade Escolar

Xuvenil feminino

  • 6ª Carmen Rábade
  • 13ª Marta Pereira-Borrajo
  • 20ª Marina Esmorís
  • 24ª María Muñiz

Xuvenil masculino

  • 11º Samuel Fernández
  • 13º Aarón Crende
  • 26º Jesús Patiño

Cadete feminino

  • 5ª Lucía Ageitos
  • 8ª Cristina Martínez
  • 18ª Marta Muñiz
  • 21ª Alba Porto

Cadete masculino

  • 8º Jayden Silva
  • 10º Javier Campos
  • 17º Ariel Soto
  • 28º Matías Cao

Categoría absoluta: obstáculos e bos resultados

Pola tarde foi a quenda da categoría absoluta, onde a alta temperatura do río Guadiana obrigou a aprazar as probas unha hora e media. Finalmente, ás 20:30 horas disputáronse catro semifinais (dúas femininas e dúas masculinas), cuxos resultados contaban directamente para a clasificación xeral, xa que a final foi cancelada por falta de tempo.

Clasificación categoría absoluta – Galicia

Masculina

  • Semifinal A:
    • 4º Damián Suárez
    • 15º Alexandre Álvarez
  • Semifinal B:
    • 2º Jarno Pousada
    • 15º Lucas Riola

Feminina

  • Semifinal A:
    • 4ª Natalia Castro
    • 8ª Ana María Santiso
  • Semifinal B:
    • 3ª María Alzaga
    • 4ª Candela Sánchez

Estes resultados situaban a Galicia en 5ª posición masculina e no primeiro posto feminino, mantendo vivas as opcións de podio de cara aos relevos do domingo.

Domingo: xornada de relevos

Relevos Mixtos en Idade Escolar

  • Xuvenil: Galicia finalizou en 4ª posición, por detrás de Madrid (ouro), Comunidade Valenciana (prata) e Castela e León (bronce). O equipo B galego foi 14º.
  • Cadete: Repetiuse a 4ª posición para Galicia, quedando ás portas do podio. O ouro foi para a Comunidade Valenciana, seguida de Madrid e Cataluña.
  • Infantil: Galicia conseguiu a medalla de prata, tras unha carreira moi axustada coa Comunidade Valenciana, que chegou á meta con só 11 segundos de vantaxe. Andalucía completou o podio.

Relevos Inclusivos

  • No Relevo Inclusivo Escolar, Andalucía proclamouse campioa, seguida pola Comunidade Valenciana e Galicia, que acadou un excelente terceiro posto. Asturias foi cuarta.
  • No Relevo Inclusivo Absoluto, a vitoria foi para a Rexión de Murcia, con Illas Baleares en segundo lugar e Galicia de novo no podio, terceira. Comunidade Valenciana, Andalucía e Estremadura ocuparon as seguintes posicións.

Relevo Mixto Absoluto: Galicia, medalla de prata

A selección galega culminou a súa participación cunha brillante actuación no Relevo Mixto Absoluto, apostando por unha estratexia diferente no novo formato de relevo cego. Neste sistema, os técnicos deciden sobre a marcha a orde de participación, e Galicia optou por comezar con dúas triatletas femininas.

A táctica deu os seus froitos e o equipo galego finalizou en segunda posición, só superado por Madrid, que se levou o ouro. A Comunidade Valenciana completou o podio co bronce.

Galicia pecha unha fin de semana excelente en Mérida, con múltiples postos de honra, podios individuais e por equipos, e unha sólida actuación tanto nas categorías escolares como absolutas. O tríatlon galego continúa a demostrar o seu nivel e proxección a nivel estatal.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.