Resolución Definitiva das Axudas para Participación en Probas Internacionais de Tríatlon 2025

2 de Decembro de 2025

Reunida a Comisión Avaliadora e revisadas as alegacións recibidas procédese á publicación da  Circular da Dirección Deportiva de 2 de decembro coa Resolución Definiva das axudas a deportistas  para a participación en probas internacionais en 2025.

Ver circular Dirección Deportiva de 2 de decembro con resolución definitiva

XUSTIFICACIÓN

Será imprescindible  xuntar  facturas polo importe a xustificar, xustificante bancario do pagamento  e xuntar memoria que vincule o gasto coa preparación ou participación en probas internacionais así como acreditación do cumprimento das bases para o cobro da axuda.

Prazo de Xustificación das axudas ata o 12 de decembro de 2025.

 

——————–

Ver circular da Dirección Deportiva coa resolución provisional das axudas a deportistas para a súa participación internacional en 2025.

Contra a resolución provisional cabe reclamación ata o 29 de novembro.

 

—————-

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS PARA PARTICIPACIÓN EN PROBAS INTERNACIONAIS DE TRIATLON 2025

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno co fin de axudar aos/ás deportistas de Galicia e apoiar a súa formación e proxección internacional acadando puntos do ranking WT, convoca as seguintes axudas para axuda da participación en  probas internacionais de triatlón.

 

No seguinte arquivo consulta a convocatoria

Bases da convocatoria de axudas

Formulario de solicitude das axudas

Presentación ata o 15 de novembro de 2025

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.