Quedada Lideresas Amazonas-Ferrol (4 de xuño de 2026 ás 20:00)

30 de Abril de 2026

A Fegatri a través da técnica da área de Muller e Deporte participa no programa Lideresas Amazonas e organiza  quedadas en Oleiros e Lugo

O obxectivo deste programa é impulsar o desenvolvemento a muller no tríatlon dende unha perspectiva global e saudable, combinado deporte e benestar a través de actividades propias e complementarias. compartindo adestramento e experiencias deportivas.

SESIÓN DE NATACIÓN EN PISCINA- CLAVES PARA UNHA NATACIÓN EFICAZ”

Vémonos na piscina de Caranza Complexo Deportivo Javier Gómez Noya para realizar unha sesión  completa en piscina, pensada para que cada unha poida mellorar a súa técnica de nado. Será una actividade práctica, dinámica e adaptada a todos os  niveis.
Ademáis, tenremos a posibilidade de realizar unha masaxe deportiva ou relaxante ao remate.

Xornada apta para todos os niveis sen necesidade de estar federada. O programa tramita a través da inscrición un seguro de 1 día para a actividade.

Máis información e inscricións : www.lideresasamazonas.org

FERROL: 4 de xuño de 2026 ás 20:00

#fetrilideresas

#amazonaslideresas

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.