A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, convocada o 15 de maio de 2026 e reunida por medios telemáticos, ás 20:05 h. tomou os seguintes acordos en relación á orde do día
Asistentes: Javier Campos Peña (Presidente), Paloma Herbello Hermelo (Triatlón Santiago), Amando Guerrero Gil (AD Náutico de Narón, Patricio Farias Forneiro, Pablo Cabanelas Eiras, e Mónica Flores Ferreiro
1.- Modificacións Calendarios 2026
Acórdase ratificar e engadir ao calendario oficial as seguintes probas e modificacións
- 23/5/2026- Campionato Galego de Dúatlon de Menores e Remudas Mixtas-Inclusivo Cedeira. Solicitado polo Club Natación Cedeira
- 06/06/2026- Triatlón de Menores de Cariño-Solicitada polo Club Natación Cedeira
- 31/07/2026- Campionato Galego de Acuatlón de Menores- Narón- Solicitado polo AD Náutico de Narón
- 1/8/2026- Trishark Narón- Proba aberta popular- Solicitada polo AD Náutico de Narón
- 9/8/2026- Campionato Galego de Tríatlon de Estrada- Triatlón do Miño-Lugo (esta proba estaba no calendario oficial para o 2 de agosto.
2.- Rogos e Preguntas
Trasladase ás persoas membros da comisión unha petición do Club Olímpico de Vedra que foi enviada a todos previamente para aclaración do Ranking de Clubs 2026.
1.- “Na táboa de ranqueo de clubs aparece o campionato galego de dúatlon de menores, cunha táboa 3 para masculinos e unha táboa 3 para femininos, puntuándose cada unha das categorías e os xéneros; polo que ten 6 puntuacións outorgando ata un máximo de 50 puntos por categoría. O galego de dúatlon de menores pode chegar a outorgar un máximo de 300 puntos. Por outra banda o tríatlon de menores ten táboa 2, pero fai unha clasificación global conxunta masculina e feminina, outorgando un máximo de 75 puntos. Isto está ben así? Non é un pouco contraditorio, que a modalidade principal que entendo é o tríatlon de menores poña en xogo 75 puntos fronte aos 300 do dúatlon de menores poña en xogo? Ou incluso que dúatlon de menores poña en xogo máis puntos que por exemplo o campionato galego absolutos de tríatlon (táboa 1: 100 puntos masculino, 100 puntos feminina= total 200 puntos)? “
Exponse que o ranqueo de clubs levase a aprobación da Asemblea Xeral cada tempada. Este punto foi aprobado cada tempada, dende a súa creación en 2021, nas mesmas condicións sen que ningunha persoa asembleísta propuxese modificación. Acórdase anotalo para a súa valoración na próxima asemblea de regulamentos para 2027, non tendo potestade a Comisión Delegada para aprobar o mesmo contra o fondo do acordo da propia asemblea.
2.– “ O campionato galego de acuatlón de menores aparece 2 veces como masculino, con táboa 4. Entendemos que é un duplicado? Ou é que se vai puntuar tamén como o dúatlon?”
Debátese o punto tendo en conta que se incorporou na tempada e que ao igual que no dúatlon se realiza unha clasificación de clubs por categoría e xénero a diferenza do tríatlon onde se leva anos establecendo a clasificación Xeral que posiblemente sexa a óptima para as tres modalidades. Acórdase para a tempada 2026, corrixir masculino e feminino e ao igual que no dúatlon manter así a baremación levándoo a revisión para a asemblea de regulamentos de 2027
Levántase a sesión ás 21:15 h.



