Óscar José Surís Regueiro é o novo presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno. Hoxe mesmo (16 de novembro) a xunta electoral procedeu á proclamación definitiva do presidente e dos membros da comisión delegada para os próximos catro anos, despois das eleccións celebradas o pasado mércores.
Desta forma, Óscar Surís foi elixido presidente por 14 votos, fronte aos 9 acadados polo outro candidato, Ramón Arias García.
Ademais, a comisión delegada queda formada por:
Óscar José Suris Regueiro (membro nato)
Club Tríatlon Ferrol (Clubs)
Club Triatlón Santiago (Clubs)
Nosportlimit-Trek Galicia (Clubs)
Lorena García Lago (deportistas)
Marcos Rodríguez Baliña (deportistas)
Ruth Ballesteros Canel (Técnicos)
Logística del Deporte, La cultura y el Ocio S.L.U. (Organizadores/Xuíces)