XXXVII TRIATLON DO MIÑO-CPTO XUNTA GALICIA TRIATLON 2026 -PROBA LIGA- E PROBA SUPER SPRINT

6 de Agosto de 2026

PUNTUABLE PARA O CAMPIONATO ASTUR-GALAICO

Este domingo 9 de agosto celebrarase a XXXVII edición do Tríatlon do Miño, na contorna da Área Recreativa de Los Robles. A proba, organizada polo Cidade de Lugo Fluvial e a Federación Galega de Tríatlon e conta coa colaboración do Concello de Lugo. A proba é  de grande interese para o triatlón galego xa que outorgará os títulos de campionato galego de tríatlon 2026,  pechará a liga galega de triatlón e puntuará para o Campionato Astur-Galaico 2026 cuxa última proba se organiza en Cadavedo no mes de outubro.

Case 250 participantes entre os que se atopan recoñecidos triatletas galegos de gran nivel nacional e internacional así coma os compoñentes da selección mexicana que un ano máis se atopan adestrando en Lugo. O  espectáculo na zona de “Los Robles” estará servido ao longo da mañá.

Celebraranse as dúas probas do Campionato Galego, masculina e feminina sobre distancia sprint e unha de promoción con distancia super sprint. Os deportistas realizarán a natación no Rio Miño, collerán a bicicleta e dirixiranse á estrada de Ombreiro para realziar o ciclismo, rematando cunha carreira a pé no Paseo Fluvial do Miño.

As distancias a percorrer son as seguintes:

Súper Sprint (300 m Natación-10 Km de ciclismo (2 voltas)-2,5 Km de carreira a pé(1 volta)

Sprint (750 m Natación-19,5 Km de ciclismo (4 voltas)-5 Km de carreira a pé(2 voltas)

As probas darán comezo ás 10:00 coa saída super sprint, ás 11:00 será  a proba masculina e ás 12:30 será o turno para a feminina.

HORARIOS

10:00h. – Promoción  súper sprint

11:00h.– Campionato Galego Masculino

12:30h.– Campionato Galego Feminino

14:00h. –Entrega de Premios

Máis información: https://fegatri.org/evento/xxxvii-triatlon-do-mino/

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.