A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno abre o prazo para a presentación de solicitudes de organización de probas, co fin de poder traballar no desenvolvemento do calendario a aprobar pola Asemblea Xeral para 2027 e novas probas para engadir no último trimestre de 2026 (Nada e Corre/Dúatlon Cros/…)
Se ben, ao estar en periodo electoral, será a nova asemblea quen deberá aprobar os regulamentos e calendarios definitivos 2027, a Comisión Xestora poderá aprobar estes de xeito provisional. Tendo en conta que os prazos da DGT para a comunicación das probas afectadas polos permisos de tráfico xa están publicados e aberto o primeiro prazo para dar prioridade a estas probas sobre outras modalidades ou eventos non oficiais calendadas, especialmente aquelas que poidan ter previsión de celebración antes de finais de marzo de 2027 que remataría a medidados de outubro.
Pregámosvos que comecedes a traballar cos Concellos onde tedes previsto desenvolvelas e fagades a solicitude de datas de celebración daquelas probas que poidades ter previstas e que estean influídas por permisos da DGT.
Recepción de solicitudes: ata o 13 de outubro de 2026.
A solicitude deberá enviarse a info@fegatri.org e virá acompañada dun pequeno proxecto que debe perfilar os aspectos básicos que se detallan a continuación, especialmente no caso de novas probas, para poder traballar sobre o mesmo coordinadamente.
DATOS BÁSICOS PARA A SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN DE PROBAS
- – Formulario de comunicación calendario cuberta cos datos da proba (xúntase a ligazón de descarga a continuación- FICHA/FORMULARIO CALENDARIO (só para probas con influenza de permisos de tráfico da DGT-TRAZA)
*Datos para Probas con antecedente (solicitarase o proxecto de cambios para a posta en marcha).
- Nome da proba
- Tipo -(Cpto Autonómico/Popular/…).
- Dúas datas posibles e localización.
- Organizador, datos e persoa de contacto.
- Director de Carreira/Responsable (nome, teléfono, email).
- Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
- Ficha de tráfico cuberta (de afectar permisos da DGT).
- Distancias
- Observacións: indicar previsión cambios de localización ou circuítos respecto á edición anterior.
*Probas que se organicen por primeira vez xuntarán ao proxecto o engadido ademais os seguintes datos:
- Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2027 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza). Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
- Dirección Executiva e Dirección de carreir
- Datos e persoa de contacto.
- Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas para tentar cadrar previamente dende competición un calendario onde non se prexudiquen)
- Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
- Distancias
- Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída, transición, meta, áreas de penalización,…).
- Sistema de Cronometraxe
- Premios
- Categorías
- Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
- Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
- Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
- Vehículos. Control dos sectores de carreira
- Avituallamentos.
- Voluntariado
*Información Permisos DGT para celebración de Probas deportivas
*Información Normativa Autonómica celebración Espectáculos Públicos



