Juan Sebastián Díaz Iglesias, novo presidente da Federación Galega de Tríatlon

10 de Novembro de 2026

A Xunta Electoral proclama definitivamente a súa elección tras finalizar o prazo regulamentario de presentación de recursos sen que se rexistrase ningunha impugnación. O novo presidente tomou posesión do cargo o pasado 9 de novembro.

Juan Sebastián Díaz Iglesias é oficialmente o novo presidente da Federación Galega de Tríatlon, tras ser proclamado definitivamente pola Xunta Electoral da entidade na sesión celebrada o venres 6 de novembro de 2026.

A decisión ratifica a proclamación provisional acordada o pasado 2 de novembro, unha vez rematado o prazo regulamentario sen que se presentase ningún recurso contra o nomeamento.

Deste xeito, Juan Sebastián Díaz Iglesias queda proclamado definitivamente como máximo responsable da Federación Galega de Tríatlon, culminando así o proceso electoral para a elección da presidencia da entidade.

O acordo foi adoptado pola Xunta Electoral, presidida por Enrique Hernández Moldes, coa participación de Paloma Herbello Hermelo como vogal e Mónica Flores Ferreiro como secretaria.

Unha vez completado o proceso electoral, Juan Sebastián Díaz Iglesias tomou posesión oficialmente da presidencia o pasado 9 de novembro, asumindo así a máxima responsabilidade da Federación Galega de Tríatlon.

A resolución da Xunta Electoral establece tamén a publicación oficial da proclamación no taboleiro de anuncios e na páxina web da Federación Galega de Tríatlon.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.