CONVOCATORIA:
A Federación Galega de Tríatlon abre a convocatoria para envio de solicitudes, para formar parte dun Grupo de Adestramento Elite, Sub-23 e último ano de Junior, en calidade de autorizados e autorizadas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
As persoas solicitantes, desenvolverán a súa actividade baixo a coordinación técnica da FEGATRI, quedando a expensas da súa aprobación por parte da Secretaría Xeral para o Deporte.
SOLICITUDES:
As solicitudes dirixiranse a Omar González Sampedro ao correo direccióndeportiva@fegatri.org ata o próximo luns, 23 de novembro de 2026.
Os interesados deberán xuntar os seus datos persoais e de contacto así coma un breve curriculo deportivo cos resultados destacados das dúas últimas tempadas.



