BOS RESULTADOS PARA OS NOSOS PENTATLETAS MÁIS NOVOS EN PORTUGAL

17 de Xaneiro de 2015

As e os nosos pentatletas galegos máis novos acadaron bos resultados no Open de Pentatlón Moderno de Vila Real (Portugal). Galicia acudía con sete deportistas das categorías menores (benxamín, alevín, infantil e cadete) e regresaron con catro primeiros postos e tres segundos postos, ademais en ocasións participando en categorías superiores ás que lle corresponden por idade, polo que o mérito é maior.

Desta forma, Javier Pena foi primeiro e Manuel Sotelo segundo na categoría cadete, mentres que Martín Freije (que é infantil) competiu en cadete e logrou a primeira posición. En alevín, Lucas Pena foi o primeiro clasificado mentres que Óscar López (que por idade é benxamín) ocupou a segunda posición. Pola súa banda, Andrea Vidal acadou a primeira posición na categoría cadete (superior a que lle corresponde por idade) e Claudia Gámez foi segunda en alevín.

Ao remate, todas e todos os participantes fixeron esgrima fóra da competición, tal e como sucedera hai un par de semanas na Coruña, para seguir mellorando na súa formación cara ao futuro.

 

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.