GRAN COMPETITIVIDADE E DEPORTIVIDADE NA  FINAL DO PROGRAMA “NADA E CORRE” QUE SE CELEBROU EN PONTEVEDRA

22 de Marzo de 2015

Coa participación de 135 deportistas celebrouse en Pontevedra o sábado 21 de marzo a final de “Nada e Corre” 2015, un programa da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos que vai pola súa cuarta edición. Foi unha xornada de competividade sa, con gran deportividade entre as e os participantes. Na categoría de clubs, proclamouse campión galego o Cidade de Lugo Fluvial.

 

Resultados da final “Nada e Corre” 2015

Clubs:

  1. Cidade de Lugo Fluvial 214 ptos
  2. Tríatlon Ferrol 196
  3. A.D. Fogar 155

Benxamín feminino:

  1. Ana Cons (Motobike Pontevedra)
  2. Julia Maneiros (Tríatlon Ferrol)
  3. Sabela Caneiro (Tríatlon Ferrol)

Benxamín masculino:

  1. Jarno Pousada (Cidade de Lugo Fluvial)
  2. Ángel Breijo (Natación Cedeira)
  3. Brais Picón (Tríatlon Compostela)

Alevín feminino:

  1. Elsa Pena (Atletismo Porriño)
  2. Marta Budiño (Tríatlon Compostela)
  3. Carmen Jiménez (Tríatlon Ferrol)

Alevín masculino:

  1. Brais Novo (Cidade de Lugo Fluvial)
  2. Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol)
  3. David Sancho (A.D. Fogar)

Infantil feminino:

  1. Andrea Vidal (Tri-Penta Terras de Lugo)
  2. Sara López (Náutico de Narón)
  3. María Pardo (A.D. Fogar)

Infantil masculino:

  1. Jorge González (Natación Riveira)
  2. Martín Cando (Tri-Penta Terras de Lugo)
  3. Esteban Gómez (Náutico de Narón)

Cadete feminino:

  1. Isabel Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial)
  2. Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol)
  3. Ana Pérez (Natación Galaico)

Cadete masculino:

  1. Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol)
  2. Alejandro Pardo (A.D. Fogar)
  3. Víctor Souto (A.D. Fogar)

Este programa invernal, promovido polos técnicos, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar a natación e a carreira. “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Lugo, Vigo, Ribeira e Ferrol) e unha final galega, para a que se clasifican os catro mellores por categoría e sexo de cada proba zonal.

As distancias a realizar dependen das categorías:

  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Nada-Corre Pontevedra

 

 

 

Quizáis che interese…