PABLO DAPENA, 15º NA COPA DO MUNDO DE NEW PLYMOUTH

22 de Marzo de 2015

Esta fin de semana celebrouse a Copa do Mundo de New Plymouth cunha destacada actuación de Pablo Dapena, que logrou rematar a proba na 15ª posición. Pola súa banda, Uxío Abuín finalizou moi atrás, na posición 53. Esta é a segunda proba da Copa do Mundo da tempada e realizouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe).

O galego estivo entre os mellores dende o inicio. Saiu da auga a uns 35 segundos do líder, o estadounidense Tommy Zaferes. Tamén estaba ben situado Uxío Abuín, moi preto de Pablo. Na bicicleta formouse un grupo en cabeza formado por uns 30 deportistas e entre eles estaban tanto Dapena coma Abuín, pero moi pronto Uxío quedou descolgado.

No tramo de carreira a pe, Pablo seguiu dando a cara e logrou esta décimoquinta posición (53:34) que lle permite sumar puntos para o ránking mundial. O gañador da proba foi o sudafricano Richard Murray (52:38).

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...