AROA FREIJE, 24ª NO EUROPEO DE PÉNTATLON MODERNO XUVENIL EN PRAGA

11 de Xullo de 2015

Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) rematou na 24ª posición do Campionato de Europa de Péntatlon Moderno Xuvenil, que disputou en Praga. A galega fixo toda a proba cunha lesións muscular nunha perna, polo que non puido competir en igualdade de condicións.

 

A galega, que partía na undécima posición, comezou a notar as molestias xa na esgrima (onde logrou 12 vitorias) e así tivo que facer todas as probas. Na natación non podía golpear a auga cos pes con forza e na combinada, a pesar de que estivo perfecta en tiro, non podía correr. Desta forma, rematou a competición na 24ª posición.

 

Agora xa pensa en recuperarse e en preparar o Mundial que se celebrará a principios de setembro.

 

 

 

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.