SUSANA RODRÍGUEZ, CUARTA NO EUROPEO DE PARATRÍATLON

10 de Xullo de 2015

A viguesa Susana Rodríguez rematou na cuarta posición no Campionato de Europa de Paratríatlon, que se disputou hoxe en Ginebra. Susana non tivo un bo día e ademais a súa guía Mayalen Noriega estaba indisposta.

A galega, que defendía o título, non se encontrou ben en momento algún. Pasou a natación de forma discreta (fixo o cuarto mellor tempo) e na bicicleta, onde normalmente remontan, non estiveron cómodas e non puideron recuperar o tempo perdido. E no último segmento, Mayalen comezou a atoparse mal e non aguantaba o ritmo, polo que tiveron que ralentizar. Así, Susana tivo que conformarse coa cuarta posición (01:12:20), mentres que Alison Patrick (Gran Bretaña) logrou o título de campioa de Europa cun tempo de 01:06:08.

 

Quizáis che interese…