GÓMEZ NOYA ENFRONTA O PENÚLTIMO ASALTO AO TÍTULO MUNDIAL EN EDMONTON

3 de Setembro de 2015

Javier Gómez Noya enfronta este domingo 6 de setembro a penúltima cita das Series Mundiais do 2015. O galego chega a esta cita reforzado trala vitoria en Estocolmo que o consolidou coma líder provisional do Mundial, aínda que cargado de competicións (tivo probas os dous últimos fins de semana). En Edmonton non estará Fernando Alarza, que se reserva para a gran final de Chicago (o día 16 de setembro).

Edmonton non é a cita máis favorable para os intereses do noso deportista. A proba disputarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 de ciclismo e 5 de carreira a pe), que se adapta moito mellor as características de Mario Mola o Luis Vincent. Se calquera destes dous deportistas logra o triunfo, converterase  no gran rival de Javi na loita polo título mundial.

O que queda claro é que Javi só pode mellorar os seus números cun primeiro posto, xa que nestes intres conta con dous primeiros postos e tres segundos. O ferrolán leva dúas competicións seguidas (Estocolmo e o Mundial 70.3) e un virus que o debilitou. Aínda así, Javi é capaz de sobrepoñerse a todo e loitar polo triunfo con Mola e Vincent. Nesta proba non participará Fernando Alarza, que está ultimando a súa preparación para a Gran Final de Chicago, na que podería acadar un posto no podio despois dunha tempada espectacular.

As Series Mundiais contan este ano con dez probas: Abu Dhabi, Auckland, Gold Coast, Cidade do Cabo, Yokohama, Londres, Hamburgo, Stockholm e Edmonton e Chicago (a gran final). Para a clasificación mundial os deportistas suman os cinco mellores resultados sendo obrigatorio participar na Gran Final, que ten unha puntuación moito máis alta.

Despois da disputa das oito primeiras probas do Mundial, Javi Gómez Noya continúa como líder provisional, con 3.820 puntos. O segundo clasificado é Mario Mola (3.374) e terceiro, Fernando Alarza (2.961), mentres que o francés Luis Vincent, que só disputou catro carreiras (un triunfo, un segundo posto e dous bronces), actualmente é o cuarto clasificado do Mundial.

 

 

Quizáis che interese…