Uxío Abuín enfronta mañá sábado 26 de setembro o reto máis importante da tempada: A gran final das Copas de Europa 2015. O galego buscará non só o triunfo na Copa de Europa en Sochi (Rusia), senón tamén no ránking europeo, xa que actualmente ocupa a segunda posición a só 51 puntos do líder provisional.
Uxío está moi ilusionado ante este reto e confía en poder desbancar da primeira posición ao francés Aurelien Lebrun, que ten 51 puntos máis. Na saída haberá importantes deportistas e Uxío espera poder romper a carreira para deixar atrás ao líder provisional. O circuíto de Copas de Europa está formado por 15 probas e para a clasificación final se suman os catro mellores resultados e a gran final, que é obrigatoria. Abuín logrou o triunfo nas Copas de Europa de Madrid en Constanta (Rumanía), como mellores resultados da tempada.
A Gran Final de Sochi disputarase sobre a distancia olímpica (1.500 natación – 40 quilómetros de bicicleta – 10 quilómetros de carreira a pe) e comezará ás 13:30 horas.