O galego Uxío Abuín proclamouse hoxe campión da Copa de Europa ETU, ao acadar a segunda posición na Gran Final disputada en Sochi (Rusia). Abuín, que chegaba como segundo clasificado da xeral a 51 puntos do francés Aurelien Lebrun, levouse o título tras unha fantástica proba. O triunfo foi para o ruso Dimitry Polyanskiy cun tempo de 01:46:09, mentres que Uxío chegou na segunda posición (01:46:58). Pola súa banda, o líder da clasificación provisional ata ese momento, o francés Lebrun, finalizou décimo quinto en Sochi.
Galicia proclámase subcampioa de España en idade escolar e asina unha destacada actuación no Campionato de España de Tríatlon por Autonomías en Tudela
A selección galega de tríatlon completou unha excelente fin de semana no Campionato de España de...



