O domingo 22 de novembro (11:00 horas) celebrarase en Candeán o campionato galego de Duatlón Cross (VI Duatlón Cross Candeán-Trasmañó) cun total de 85 deportistas inscritos.
Entre os favoritos para facerse co triunfo na proba masculina podemos destacar a Iván Cáceres (Independientes), Brais Misa (Atletismo Porriño), Enrique Morán (Atletismo Porriño) ou Darío Otero (Team Corbello). Na categoría feminina, cunha moi curta participación, as que teñen máis opcións son Verónica Montes (Trinity Tríatlon) e María Martínez (Atletismo Porriño).
Os participantes terán que correr 5,5 quilómetros, facer 20 quilómetros en bicicleta de montaña e rematarán con 2.750 metros a pe. O circuíto a pe, que descorrerá polas pistas do Parque Forestal do Vixiador, será por terra con firme irregular nalgunhas zonas. O percorrido en bicicleta é duro e exixente con subidas e baixadas moi interesantes.