ABERTA A LISTA DE ESPERA PARA O AVIAMÁN 2016/VI COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE DE TRÍATLON
O Aviamán 2016 abre a lista de espera despois de ter cubertas todas as prazas dispoñibles. Desta forma, todas e todos os interesados en apuntarse nela deben enviar os seus datos (nome, apelidos, DNI, data de nacemento, Club) ó correo da Federación: fegatri@hotmail.com.
O Aviamán 2016 celebrarase o próximo día 12 de xuño e os participantes deberán realizar 1,2 quilómetros de natación, 65 quilómetros de bicicleta e 14 de carreira a pe.
Podes consultar o regulamento da proba no seguinte enlace https://fegatri.org/wp-content/uploads/2015/11/Regulamento_AVIAMAN_2016.pdf