Cristóbal Rodríguez, Raúl Blanco e Aroa Freije participarán esta fin de semana en Barcelona no Open de España de Péntatlon Moderno, puntuable para os Xogos Olímpicos de Río.
O sábado celebrarase a proba feminina coa nosa Aroa. É unha proba de altísimo nivel, con 33 deportistas, polo que a galega tentará acadar unha boa posición que lle permita subir puntos no ranking. Entre as participantes so hai tres españolas (Laura Heredia, Marta García-San Miguel e Aroa).
A proba masculina disputarase o domingo con 40 participantes e só 5 españois entre eles. Crístóbal necesita facer un bo papel para intentar lograr a súa clasificación para os Xogos de Río. Pola súa banda, Raúl enfronta a proba sen presión algunha, pero coma unha boa posibilidade de aprender nunha competición de este nivel.Os Xogos Olímpicos de Río está moi cerca e as e os deportistas necesitan puntos para acadar a súa clasificación.