PRETO DE 140 DEPORTISTAS NA PROBA DE NADA E CORRE DE RIVEIRA  

4 de Febreiro de 2016

 

O programa “Nada e Corre” do 2016 celebra este domingo 7 de febreiro a terceira proba zonal -clasificatoria para a final galega- nesta oportunidade en Riveira, coa participación de preto de 140 deportistas de categorías menores. Este ano o programa ten as novidades da incorporación da categoría prebenxamín e do paratríatlon (deportistas con discapacidade).

nada e corre riveiraO Nada e Corre comezará as 10:00 horas do domingo 7 de febreiro coa celebración da proba de natación na piscina da Fieiteira, para posteriormente realizar a carreira nas pistas de atletismo do mesmo complexo deportivo. Hai inscritos 9 prebenxamíns, 24 benxamíns, 33 alevíns, 42 infantís e 27 cadetes (masculinos e femininos).

Este programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, ten como obxecto traballar en inverno a natación e a carreira. O programa “Nada e Corre”, que se desenvolve no primeiro trimestre do ano, está formado por catro probas clasificatorias zonais e unha final. Na final estarán  os catro mellores de cada proba clasificatoria por categoría e sexo.

As distancias a realizar dependerán das categorías:

  • Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....