JORGE GONZÁLEZ E IRIA RODRÍGUEZ, CONVOCADOS POLA FETRI PARA UNHA CONCENTRACIÓN YOUTH

19 de Febreiro de 2016

Os galegos Jorge González e Iria Rodríguez foron convocados pola Real Federación Española de Tríatlon para unha concentración Youth que se celebrará entre os días 4 e 6 de marzo no CAR de Madrid. Ademais, coma reservas tamén están convocados os galegos Tome Brandom e Martín Cando.

Esta concentración realízase despois de analizar os tempos acadados nas tomas de tempos das diferentes autonomías e para esta concentración en Madrid  elixíronse aos mellores a nivel de todo o Estado. Así, Galicia é a comunidade con maior número de convocados para esta concentración (dous titulares e dous suplentes).

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.