GALICIA ESTARÁ PRESENTE NA COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA

31 de Marzo de 2016

Galicia estará presente esta fin de semana (2 e 3 de abril) na Copa de Europa de Quarteira (Portugal), con varios deportistas tanto na carreira de elite (masculino e feminino) coma na júnior. Esta proba da puntos para o ránking mundial.

A Quarteira viaxan, xunto ao adestrador Omar González, os deportistas Antonio Serrat, Luis Miguel Velásquez, Alberto Castiñeiras, Melina Alonso e Camila Alonso. Ademais, tamén competirá o júnior Carlos Brión e se atopan en lista de espera Martín Carrera e Iago Lorenzo.

A elite feminina celebrarase o sábado 2 de abril ás 13:45 hora portuguesa, mentres que a masculina comezará ás 16:30 horas (en Portugal). A proba é un tríatlon olímpico (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe) e a natación realizarase na praia. Na categoría feminina hai 56 inscritas, mentres que na masculina a inscrición é de 76 triatletas e con nomes importantes coma Raphael Aurelien, David Castro, Ricardo Vega ou Ricardo Hernández Marrero, ademais dos nosos deportistas.

O domingo será a quenda para os júnior. As rapazas serán as primeiras en competir (08:45 horas) e os chicos farano ás 10:00 horas. En júnior a distancia será sprint (750 natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe). Tamén aquí, as e os galegos esperan estar loitando polos primeiros postos, a pesar da importante participación. Na proba masculina están inscritos 76 deportistas (con lista de espera) e na feminina, 52.

Resultados 2015. O vigués Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou a sétima posición na Copa de Europa de Quarteira do ano 2015. Ademais, María Ortega acadou unha magnífica 11ª posición na categoría feminina. Na categoría júnior, Carmen Gómez foi cuarta e Andrés Cendán, décimo.

 

 

Quizáis che interese…