Este domingo 8 de maio (08:00 horas) celebrarase o I Tríatlon de Media Distancia de Sanxenxo, que será ademais o Campionato Galego de Media Distancia 2016. Nesta proba están inscritos case 120 deportistas.
Os participantes deberán realizar 1.900 metros de natación na praia de Silgar; 90 quilómetros de ciclismo (con continúas subidas e baixadas) e rematarán con 21 quilómetros de carreira a pe. As transicións e meta estarán ubicadas no chairo do Real Club Náutico de Sanxenxo.
Entre os deportistas inscritos destaca a presenza de Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial), que debutará na media distancia. Ademais, podemos destacar a José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo), Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial). Na categoría feminina, Sara Castillo (TRiNorth-Nogasa) e Sonia Pariente (GV Sport), entre outras.