O CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON ESCOLAR CELEBRARASE O 7 DE MAIO EN MONDOÑEDO

5 de Maio de 2016

A final do Campionato Galego de Dúatlon Escolar celebrarase o próximo día 7 de maio (16:30 horas) en Mondoñedo (Lugo) coa participación de 244 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Na categoría benxamín están inscritos 52 deportistas e nas distancias son de 500 metros de carreira a pe, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín (65 participantes) as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil, con 64 duatletas, as distancias son de 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete (63 inscritos) son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira. A saída, meta e transición están ubicadas na Alameda dos Remedios.

O programa constaba inicialmente de cinco probas locais (Vedra, Santiago, Vilalba, Mondoñedo e Maside), aínda que tivo que suspenderse a de Maside polas malas condicións meteorolóxicas. Nas probas zonais clasificáronse os 25 mellores por categoría e sexo para as fases provinciais, que se celebraron en Fene, Maceda, Tomiño e Lugo e aquí lograron o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...