MEDALLAS PARA CLUBS GALEGOS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE TRÍATLON SPRINT E DE ACUATLÓN

16 de Maio de 2016

Os nosos clubs galegos non deixaron de subir ao podio esta fin de semana en Águilas para recoller medallas.

No Campionato de España de Tríatlon Sprint, o Cidade de Lugo proclamouse campión de España na categoría cadete masculina, júnior masculino, elite masculina e elite feminina. Ademais, o Tríatlon Ferrol acadou o ouro na categoría júnior feminina, mentres que o Cidade de Lugo foi prata. Ademais, o Arcade Inforhouse logrou tres medallas: A prata en júnior masculino e bronce en elite masculino e sub 23 masculino.

O domingo celebrouse o Campionato de Acuatlón e tamén con moitos premios para os clubs galegos.

O Cidade de Lugo Fluvial logrou un total de tres ouros: Elite masculino e feminino e júnior feminino. Ademais, foi bronce na clasificación de clubs sub 23 masculino. O Olímpico de Vedra logrou o título en sub 23 feminino, mentres que o Tri-Penta Terras de Lugo foi prata en elite masculina e o Arcade Inforhouse, prata en júnior masculino.

 

 

Quizáis che interese…