MÁIS DE 200 EQUIPOS LOITARÁN MAÑÁ POLO TÍTULO DA COPA DO REI E DA RAÍÑA EN PONTEVEDRA

20 de Maio de 2016

Un total de 207 equipos e case 1.100 deportistas participarán mañá en Pontevedra na Copa do Rei e da Raíña, unha das principais proba para os clubs do calendario do tríatlon español. Con esta proba, a cidade de Lérez sigue fiel á súa cita co tríatlon dende hai nove anos de forma ininterrompida

A xornada comezará ás 13:00 horas coa disputa da Copa do Rei e da Raíña escolar. Nesta proba participarán 17 equipos femininos e 28 masculinos formados por rapaces e rapazas de idades de 15 a 17 anos.

A continuación comezará a proba Open (14:10 horas), na que participan os equipos “B” dos diferentes clubs que participan en elite, onde só pode participar un equipo por club.  En total serán 47 os equipos participantes (8 femininos e 38 masculinos).

O prato forte chegará ás 15:00 horas co inicio das probas elite, na que haberá unha grandísima participación e con deportistas do máis alto nivel competitivo. Na categoría feminina haberá 45 equipos, mentres que na masculina hai inscritos un total de 70.

Entre os chicos, destacan como favoritos o Universidade de Alacante (campión no 2015), Cidade de Lugo (prata o pasado ano, e cun potente equipo), Tri-Penta Terras de Lugo (con Antonio Serrat ou Luismi Velásquez) ou Arcade Inforhouse (Alberto Castiñeira, Antón Ruanova ou Diego Paz, no equipo).

Na categoría feminina, Diablillos de Rivas defende o título, e terá que loitar con clubs potentes coma Tríatlon Ferrol, Cidade de Lugo.

A Copa do Rei (e da Raíña) é unha contrarreloxo por equipos, que están compostos por un máximo de 6 membros e deben rematar polo menos catro para clasificar. O cuarto clasificado é o que da o tempo ao equipo. Esta proba desenvolverase sobre a distancia sprint sprint (750 metros de natación, 19 quilómetros de bici e 5 de carreira a pe). Os equipos van saíndo de forma individual e cun intervalo de 1 minutos entre eles. A orde de saída é inversa á clasificación do pasado ano, de forma que os grandes favoritos serán os últimos en saír a competir.

A principal novidade da proba deste ano é que non finalizará no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. A actividade deportiva centrarase na Avenida de Bos Aires, preto da Ponte dos Tirantes, xa que tanto a saída, como a transición e a meta estará nesa zona.

Relevos. O domingo 22 de maio (a partir das 09:00 horas) celebrarase o Campionato de España de Tríatlon por Relevos, no que os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un pequeno tríatlon (250 metros de natación, 6 quilómetros de bicicleta e 1,6 de carreira a pe) e da a quenda ao seu compañeiro. Ademais de elite, tamén celebrarase unha proba Open e escolar. 

*Axenda do día 21 de maio

 

Día Hora Competición
21 de maio 09:00 Entrega dorsais (Pazo da Cultura)
21 de maio 10:00 Reunión técnica Escolar (Pazo da Cultura)
21 de maio 10:45 Reunión técnica Copa do Rei e da Raíña (Pazo da Cultura)
21 de maio 13:00 Saída Copa Escolar masculina
21 de maio 13:11 Saída Copa Escolar feminino
21 de maio 14:10 Saída Copa Open masculino
21 de maio 14:42 Saída Copa Open feminina
21 de maio 14:45 Entregas medallas Copa escolar
21 de maio 15:05 Saída elite Copa do Rei masculina
21 de maio 15:30 Saída elite Copa da Raíña feminina
21 de maio 19:00 Entrega medallas Copa da Raíña e do Rei

 

 

 

 

Quizáis che interese…