PRESENTACIÓN DO NORTHWEST TRIMAN DE LONGA E MEDIA DISTANCIA

21 de Xuño de 2016

O luns 20 de xuño tivo lugar o acto de presentación do Northwest Triman de Longa e Media Distancia, que se celebrarará o sábádo 25 de xuño en As Pontes coa participación de preto de 600 deportistas.

No acto de presentación estiveron presentes a tenente de alcalde do Concello de As Pontes, Montserrat García; o concelleiro de Deportes Chicho Tembrás; o representante da Federación Galega de Tríatlon, Arturo López, e representantes dos patrocinadores (A Banca, Gadis, Arrojo e Cocacola).

Esta é a terceira edición do Northwest Triman, o único tríatlon distancia Ironman de Galicia, que este ano engade un tríatlon de media distancia o mesmo día 25 de Xuño. Como os anos anteriores será Campionato Galego de Longa Distancia e celébrase no lago artificial máis grande de Europa, en As Pontes.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.