O Cidade de Lugo Fluvial acadou a novena posición no Campionato de Europa de Tríatlon por clubs, que se disputou hoxe en Banyoles. O título foi para o Poissy Triathlon francés.
O equipo galego estivo formado por Esther Rodríguez, Jaime González, Sharon García Carrera e Pablo Dapena. Cada un dos deportistas tivo que facer un mini tríatlon (300 metros de natación, 6.600 metros de ciclismo e 1.600 metros de carreira a pe) e despois dar a quenda ao seu compañeiro. O tempo do conxunto lucense foi de 01:27:50.
Mañá celebrarase en Banyoles o Campionato de España de Tríatlon na distancia olímpica.
Foto: Do facebook do Cidade de Lugo