Susana Rodríguez xa está camiño de volta para Vigo trala súa participación nos Xogos Paralímpicos de Río na proba de paratríatlon categoría PT5. Aí a nosa deportistas acadou unha quinta posición (diploma olímpico) que non a deixa completamente satisfeita, según explica: “Un quinto posto está moi ben. É un diploma olímpico, pero bueno, deixame un sabor moi agridoce, porque despois de facer unha gran natación, unha das mellores que fixen na miña vida e unha carreira a pe tamén moi decente, tras traballar moitísimo este verán, fixemos un sector de ciclismo moi por debaixo da nosa capacidade, o cal nos deixou fóra totalmente da loitar polas medallas”. A viguesa sabía que a medalla “ía estar moi cara, complicada, pero vista a situación de carreira, creo que o sector de bici foi decisivo”.
Cualificou a súa experiencia en Río coma “inesquecible” e destacou dúas cousas: “A cerimonia de inauguración e o feito de saber que a través do deporte se pode chegar a ilusionar a tanta xente: familia, amigos, compañeiros do clube, xente do mundo do tríatlon en xeral… A verdade é que eu non era consciente de toda a xente que estes días ía estar pendente do meu traballo aquí nos Xogos”.
Agora toca descansar un pouco e xa comeza a pensar na próxima cita de Tokio: “Non sei se estarei, pero se o consigo, tentarei facelo mellor”.
Susana rematou con agradecementos para “toda a xente que estes días, estes anos, cada día, me axudan e se preocupan por mín. Isto é quizáis o máis grande”.