PABLO DAPENA, NOVENO NA CHALLENGE MALLORCA

15 de Outubro de 2016

O galego Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) acadou a novena posición na Challenge Peguera Mallorca, que se disputou hoxe. Con esta proba o pontevedrés pon punto e final á tempada, longa e chea de bos resultados.

A Challenge Mallorca é unha proba de media distancia e o certo é que Dapena estivo sempre nas primeiras posicións. Na natación destacou, ao rematar os 1.900 metros na segunda posición e saír da T1 no terceiro posto. Quedaban por diante 90 quilómetros de bicicleta e Pablo aínda que perdeu algunha posición, sempre estivo entre os homes de cabeza. Así, llegó a T2 na sexta posición e enfrontou os 21 quilómetros de carreira a pe. Ao remate da proba, novena posición para Pablo Dapena cun tempo de 04:07:03.

 

Quizáis che interese…