O galego Antón Ruanova, que agora compite por Brasil, disputará o domingo 27 de novembro o campionato Panamericano de Tríatlon en Bos Aires.
Na proba, que se disputará na distancia olímpica, hai máis de 50 triatletas inscritos. Entre os favoritos está o noso deportista, aínda que tamén hai que destacar aos arxentinos Luciano Taconne e Gonzalo R. Tellechea.