O tríatlon galego non para

triatlon galego non para_concello de muros oficiales

15 de Xuño de 2021

Esta fin de semana estivemos moi pendentes dos nosos móviles.

Os máis xóvenes facían das súas en Portugalete, acadando uns excelentes resultados no Campionato de Europa Youth co terceiro posto de Alex Rilo (Tríatlon Ferrol)  na categoría Youth e o cuarto posto de Carla Guisande (Cidade de Lugo Fluvial) na categoría Junior. 

Agradecementos a Lucía Piñón, Sabela Caneiro, Victoria Cons, María Filgueiras, Alexandre Alvárez, Andrés Prieto, Ainoa Gontán e Brais Picón.

 

 

Dende Portugal tamén recibimos boas noticias dos triatletas que participaban na Copa de Europa de Coimbra, cunha excelente Iría Rodríguez que acadou praza para o Campionato do Mundo Sub23, Andrés Cendán involucrado nunha caída e Jorge González cun traballado posto na proba.

iria rodriguez portugal

O noso entrenador Carlos Prieto mandábanos boas noticias dende Dunkerke, onde o seu pupilo Javier Gómez Noya acadaba a segunda posición no Grand Prix francés, atopando moi boas sensacións para a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio.

gomez noya triatlon galego non para

Tamén chegaron boas noticias dende a Copa do Mundo de Besancon, onde Gustavo Rodríguez acadaba a victoria como guía de Héctor Catalá e seguen en progresión de cara a cita paralímpica de Tokio.

gustavo rodriguez triatlon galego

Na nosa comunidade tamén tivemos tríatlon galego coa III Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña” onde Silvia García e Iván Raña acadaron a victoria nunha proba popular que tivo unha boa participación e un trato excepcional dende o Concello de Muros, os organizadores da proba e Craega.

triatlon galego muros

Xa podes ver as fotos da proba a través da nosa web.

Próximo destino… A Coruña

Quizáis che interese…