A INSCRICIÓN PARA GRUPOS DE IDADE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DISTANCIA OLÍMPICA DA CORUÑA, ABERTA ATA O 26 DE AGOSTO

20 de Agosto de 2018

Xa queda moi pouco para o Campionato de España de Tríatlon na distancia olímpica, que este ano se celebrará na Coruña os días 1 e 2 de setembro. É esta a cita máis destacada do calendario do tríatlon nacional, e nela poderemos contemplar @s máis destacad@s triatletas a nivel nacional, moit@s deles internacionais e tamén, moitos deles, galeg@s.

Ademais das probas de elite e de paratriatlon (coa nosa Susana Rodríguez Gacio, entre eles), tamén se disputarán as probas de grupos de idade. O prazo de inscrición para os grupos de idade remata o domingo 26 de agosto. Tedes toda a información ao respecto no seguinte enlace:

 Campionato de España de Tríatlon A Coruña

Quizáis che interese…