A SELECCIÓN GALEGA DE PÉNTATLON MODERNO COMPETIRÁ ESTA FIN DE SEMANA NO OPEN INTERNACIONAL DE LEIRIA

16 de Abril de 2015

A selección galega de categorías menores de Péntatlon Moderno competirá este sábado 18 de abril no Open Internacional de Péntatlon Moderno de Leiría.

Galicia acude a este torneo cun equipo formado por 8 deportistas baixo as ordes de Ruth Ballesteros e Marcos Rodríguez. Os deportistas son: Claudia Gámez (alevín feminina), Óscar López (alevín masculino); Lucas Pena, Martín Cando, Martín Pardo e Martín Freije (infantil masculino);  Manuel Sotelo e Javier Pena (cadete masculino).

O equipo partirá mañá por estrada en dirección a esta localidade portuguesa onde competirá o sábado a partir das 10.00 horas. Todos eles disputarán as probas de natación e combinada (carreira e tiro).

Quizáis che interese…