MEDALLAS GALEGAS NOS GRUPOS DE IDADE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN

16 de Abril de 2015

Varios deportistas galegos acadaron medallas nas probas dos grupos de idade do Campionato de España de Duatlón, que se celebrou a pasada fin de semana en Soria.

Desta forma, Margarita Villaverde (GV Sports Club) logrou o título de campioa de España no grupo de idade 30-34 da distancia curta (10 quilómetros de carreira a pe, 40 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe).

Nesta mesma distancia, Belen Lemat (Cidade de Lugo Fluvial) acadou a medalla de prata no grupo 45-49.

Na categoría masculina, tamén houbo preseas para deportistas galegos. Luis Alberto Paredes (Tríatlon Morrazo) logrou a medalla de prata no grupo de idade 40-44 da distancia curta, mentres que Jorge de la Puente (Tri-Penta Terras de Lugo) tamén foi segundo no grupo 45-49 desta mesma distancia. Na sprint (5-20-2,5) o deportista do Arcade Inforhouse, Ignacio Castro, logrou o bronce no grupo de idade 20-24.

90de7370-b673-4018-843b-8acd86c13a25

775c8145-3119-43b8-9d74-6db81774624c

7f24d981-e805-4984-895d-5067d9f12f6e

1a323b41-1c96-4900-b8be-bf248f286015

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...