A SELECCIÓN GALEGA PARTICIPARÁ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CATEGORÍAS MENORES DE PÉNTATLON MODERNO

27 de Maio de 2016

Mañá 28 de maio celebrarase en Santander o Campionato de España de categorías menores (benxamín, alevín, infantil e cadete), que será tamén unha proba Open, para que poidan participar fóra de concurso deportistas de categorías superiores. Este torneo será organizado de forma conxunta polas Federacións de Cantabria e Galicia. Galicia encargarase da organización das probas de tiro e esgrima.

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno viaxa cun equipo formado por dez deportistas e os nosos pentatletas tratarán volver con medallas no peto.

Quizáis che interese…