SUSANA RODRÍGUEZ, BRONCE NO EUROPEO DE PARATRÍATLON

27 de Maio de 2016

A galega Susana Rodríguez Gacio acadou a medalla de bronce no Europeo de Paratríatlon, que se disputou hoxe en Lisboa.

A nosa deportista competía xunto á súa nova guía, Mabel Gallardo, coa que aínda leva moi poucos adestramentos. Así que o resultado é moi positivo. A viguesa saíu da auga na cuarta posición, situación que mantivo durante o segmento de bicicleta. Foi na carreira a pe cando alcanzou e superou con bastante facilidade á deportista holandesa Joleen Hakker e chegou a meta con moita vantaxe para garantir a medalla de bronce.

O ouro foi para Alison Patrick, mentres que a prata para Melissa Reid.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.